Friday 03 de May de 2024

O Concello estuda cos gabinetes xurídicos municipais e da Deputación as accións a seguir despois de que a Xunta desestimase os recursos sobre o cambio de subministro enerxético en A Barcala


O Concello realizou un recurso de alzada contra a resolución autonómica que autorizaba ao cambio de instalacións para subministrar gas natural

A Xunta de Galicia vén de resolver o recurso de alzada municipal e veciñal (asinado por 319 veciños e veciñas da urbanización) contra a resolución que permite a Gas Natural substituir el suministro enerxético na urbanización de A Barcala, de propano a gas ciudad.

O alcalde de Cambre, lamenta a resolución da Xunta e tomará as decisións oportunas cando os xúridicos municipais e os servizos da Deputación estuden as posibles accións para deter o que consideran unha práctica abusiva e froito do monopolio.

“O Concello sempre estará xunto aos veciños para defender os serus dereitos e denunciar o que considera unha practica abusiva dunha entidade que exerce un monopolio no seu sector”, apuntou o alcalde.
Os xurídicos municipais discrepan do fallo autonómico posto que ven unha contradicción evidente na propia autorización administrativa. Sinalan que as condicións que a Xunta impón para autorizar o devandito cambio enerxético. “La nueva suministradora (GAS GALICIA) deberá subrogar en los derechos y deberes adquiridos por RESPSOL Butano en su día mediante la firma de los correspondientes contratos de suministro”.
Nestes contratos obrigábase ao subministro de gas propano e por tanto dun gas específico cun poder calorífico moi determinado, polo que a resolución autonómica “entra en una clara contradicción al autorizar el cambio de combustible de propano a gas natural y al mismo tiempo exigir que esta autorización esté supeditada a la condición de que GAS GALICIA se subrogue a los derechos y obligaciones contraídos con sus clientes en A Barcala”.

Por este motivo o Concello esixiu no recurso, rexeitado pola Xunta, a revocación da resolución e permita, deste xeito, que os veciños continúen co subministro de propano. El alcalde de Cambre, Óscar García Patiño, asegura que “o que se pide e que sexan os veciños os que libremente elixan o tipo de subministro enerxético e que non se lles impoña un determinado gas por unha política comercial concreta”.